Tres blogueiros abren unha bitácora dedicada ao audiovisual e deixan a porta aberta para que colaboren máis persoas.
Un trío de blogueiros xa con certa traxectoria na rede e que comparten paixón polo audiovisual, Orsinia, Cesare e Granmimón, acaba de poñer en marcha unha nova experiencia: unha bitácora sobre televisión. Teleclube, que así se chama, pretende ofrecer unha visión da 'tele' mundial vista dende Galiza.
Non só se analiza a televisión tradicional, senón tamén os novos xeitos de difusión de contidos audiovisuais a través da rede e os fenómenos innovadores das canles estranxeiras -nomeadamente do mundo anglosaxón- que se poderían adaptar á nosa realidade.
Pero, para que esta idea non se esgote, o blog precisa de máis colaboracións e, non só está aberto a que outros membros da rede participen, senón que o pide explicitamente.