O caso do electricista brasileiro asasinado pola policía británica ao consideralo un presunto terrorista, remata cunha simple sanción económica.
Pasaba un día despois do intento dunha vaga de ataques na rede de transporte da capital británica e apenas un par de semanas dos atentados que deixaran tamén en Londres máis de medio cento de mortes. En pleno día e no metro da cidade, a policía detivo a Jean Charles de Menezes e descargoulle sete tiros que acabaron coa súa vida. Alén da premeditación do asasinato dun mozo de 27 anos que era electricista de profesión e que non chegou sequera a ser consciente do que pasaba, o único vínculo que puido levar aos axentes até el foi que vivía nun área de vivendas próximo a un dos presuntos membros do grupo terrorista.
Desde o primeiro momento, a fiscalía evitou procesar os dous policías implicados directamente no asasinato. Por riba deles, ningún dos seus superiores na operación antiterrorista foi tampouco procesado. Aínda máis, nin sequera se forzaron dimisións a ningún nivel nas forzas policiais, malia que durante o proceso xudicial mesmo chegou a denunciarse que a policía retocara fotos de Menezes e dun dos presuntos terroristas para xustificar un suposto parecido co que explicar o asasinato. O xefe de Scotland Yard, href="http://www.met.police.uk/about/blair.htm">Ian Blair, rexeitou dimitir por "uns feitos que o xuíz describiu como un día único baixo circunstancias extraordinarias". Malia as queixas da familia de Menezes, o caso remata así con só unha multa de 252 mil euros para a policía metropolitana de Londres.