Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pregunta parlamentaria

O BNG volve reclamar medidas para o fomento da lingua nos actos mortuorios

A proposición non de lei aprobouse por unanimidade hai un ano para rematar coa marxinación do galego nese eido.

Redacción - 14:05 01/11/2007

Cando hai un ano que o Parlamento aprobou por unanimidade que se tomasen medidas para fomentar a lingua en todos os actos vinculados á morte, o BNG vén demandar o cumprimento daquela norma, pese á “frivolización” que se fixo nun primeiro momento.

O grupo nacionalista lembra que a proposición non de lei aludía á práctica ausencia do galego nas lápidas, con só o 0,001 na nosa lingua, ou das necrolóxicas, cun 3,3%, polo que se solicitaba poñer en marcha un programa dirixido ás xerarquías relixiosas, os concellos, empresas funerarias e florarías.

O BNG pregunta polas medidas concretas que o Goberno adoptou ou pensa adoptar para das cumprimento ao acordo, que apoiaron os tres grupos parlamentarios a pesar de que o PP o empregou como argumento “demagóxico” e “impresentábel” para acusar a Consellaría de Medio Rural de destinar os cartos da loita contra incendios ás lápidas en galego.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: