Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DISCRIMINA A PRETO DE 40 MIL FALANTES

O novo Estatuto de Castela e León volve marxinar a lingua galega no Bierzo

En troques, refórzase a protección do leonés para o que haberá medidas de promoción.

Redacción - 11:45 31/10/2007

O Estatuto de Castela e León aprobado este martes no Congreso fala de que se “respectará” a lingua galega no Bierzo pero en ningún caso se contemplan medidas de fomento para un idioma que falan preto de 40 mil persoas. O texto aprobado di, tal e como xa se contemplaba até o de agora, que “gozará de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utiliza”. Non foron atendidas as demandas de colectivos como Fala Ceibe que propoñían o seguinte texto alternativo: “O galego é idioma propio e oficial nos municipios limítrofes con Galiza. Unha lei regulará as zonas de uso, os dereitos de utilización polos falantes diante das administracións públicas e as medidas de protección e fomento nos diversos ámbitos sociolingüísticos”.

O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, aproveitou a aprobación do novo Estatuto de Castela e León para bourar contra o artigo número 5 do citado documento. O deputado nacionalista subliñou a súa oposición a un artigo que “fai unha declaración da oficialidade do español cando é a lingua maioritaria” e que “inventa un idioma que se chama leonés, fala da súa protección, uso e promoción”. Pola contra, a lingua galega no Bierzo “fica na marxinalidade e no desamparo”.

Dende a tribuna parlamentaria, Rodríguez lembrou que Sarmiento, un dos grandes defensores do galego, era “galego do Bierzo”. Por iso, acusou aos artífices da reforma estatutaria de “teren medo á realidade e actuar para que a poboación do Bierzo asuma que hai que ir cara un proceso de castelanización”.


Documentos

3,85/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: