Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A fuga da industria aos países subdesenvolvidos"

A deslocalización é precariedade para os de aquí e para os de aló

Así opinou Xosé Manuel Beiras, na súa condición de catedrático de Estrutura Económica, durante a intervención deste martes no simposio Pobre Mundo Rico.

Redacción - 09:00 31/10/2007

Trátase dunha práctica que á fin resulta "destrutiva" para as dúas zonas, explicou Xosé Manuel Beiras. No primeiro caso, a fuga das empresas desde os países desenvolvidos cara a outros en vías de desenvolvemento, deixa desemprego e zoupa na economía dese país de orixe. Da outra volta, o traslado a outro país na procura de man de obra máis barata para a súa produción a miúdo remata nunha agresiva "sobreexplotación" das forzas de traballo do país de acollida. De paso, os produtos fabricados nos países subdesenvolvidos acaban sendo comercializados en países do primeiro mundo e xerando unha competencia "insostíbel" para os fabricados aquí.

No mesmo foro das xornadas Pobre Mundo Rico estivo tamén a directora de Amarante, Fernanda Couñago, quen falou en concreto do caso chinés, onde todas as grandes empresas téxtiles están deslocalizando algunha parte da súa produción. Referiuse Couñago ás continuas "vulneracións dos seus dereitos" que sofren as traballadoras, mulleres en maioría, con xornadas laborais interminábeis e soldos miserentos, alén da represión a calquera tipo de agromo de reivindicación sindical. A activista comentou por exemplo que o traballador que armou unhas zapatillas deportivas de coñecidas marcas que son vendidas logo por até cen euros, recibirá apenas trinta céntimos. Na súa opinión, mesmo dobrando o soldo dos obradoiros téxtiles que xigantes do sector teñen por exemplo na India, Marrocos ou Turquía, iso non debería repercutir apenas nun incremento dun par de céntimos no prezo final do produto.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: