Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lei de Arquivos de Galiza

Teremos Arquivo Nacional en 2009

A Consellaría de Cultura prepara o proxecto de lei, mentres negocia a transferencia dos arquivos de titularidade estatal.

Redacción - 18:02 30/10/2007

O proxecto de Lei de Arquivos de Galiza presentarase en 2008, segundo anunciou a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. O seu departamento xa está a preparar o texto para o seu futuro debate no Parlamento.

A nova norma contempla a creación do Arquivo Nacional, que comezará a funcionar en 2009. A entidade converterase no corazón do sistema de arquivos do país. Como Arquivo Xeral da Administración terá vocación de servizo aos cidadáns e ás administracións, dirixirá os arquivos da Xunta e coordinará o conxunto dos arquivos galegos para que cumpran coa súa función, e como arquivo histórico servirá para recuperar, preservar e poñer en valor o noso patrimonio documental.

Neste sentido, Bugallo reclamou a transferencia da titularidade dos arquivos que seguen a depender do Estado Español, como os histórico-provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra e mais o do Reino de Galiza.

Así mesmo, a lei prevé artellar o Sistema de Arquivos de Galiza, a súa modernización e a posta en valor do noso patrimonio documental, ademais de adaptar o plano legal dos arquivos á Sociedade da Información.

Segundo explicou Bugallo, a lei desenvolverá de forma completa as competencias do Estatuto de Autonomía e cubrirá un baleiro, dado que case todo o Estado Español conta coa súa Lei de Arquivos.


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: