Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festivais

O Are-More encherá Vigo de música até decembro

Cinema, conferencias e sobre todo música, nun programa que ten como obxectivo o achegamento do público ás melodías clásicas.

Redacción - 12:22 30/10/2007

Coincidindo co 400 aniversario do nacemento da ópera, o Are-More de Vigo comeza a súa oitava edición con L'orfeo, fabola in música, de Monteverdi. Do 30 de outubro ao 17 de decembro, a cidade olívica acollerá un total de seis ciclos que teñen como finalidade a captación de novos públicos para a música clásica. Dende concertos para bebés, incluídos no programa de formación, até a proxección de filmes silentes acompañados por música en directo, son case trinta os espectáculos que ofrece esta iniciativa.

O festival realizará as súas actividades en seis espazos diferentes. O Teatro dos Salesianos será o lugar elixido para os espectáculos que atraian a un maior número de persoas, mentres que no Verbum terán lugar os concertos para bebés e na Fundación Caixa Galicia as conferencias. O resto das actividades programadas repartiranse entre o Auditorio Municipal e as igrexas de María Auxiliadora e Santiago.

A formación do público dende nenos é outra das prioridades deste festival. Están programadas un gran número de funcións destinadas aos escolares, que tamén poderán acudir ás representacións incluídas no programa dedicado ás familias.

Os ciclos
Comezando co ciclo de Música Antiga, son seis os temas nos que se enmarcan os concertos do Are-More. Espectáculos para bebés, en familia, conferencias, óperas de monicreques e cursos de creación musical compoñen a oferta do ciclo de formación do público. Completan o programa os ciclos de Paixón e música, Historia do Piano, Músicas para o silencio, no que se proxectan filmes con música en directo, e o cine Are-More, que pasará a Medea de Pasollini.

Jazz na Coruña
A cidade da Coruña acolle durante o vindeiro mes de novembro o ciclo Jazz en Outono, organizado pola Fundación Caixa Galicia, que este ano está dedicado ao pianista e compositor Thelonious Monk no 25 aniversario do seu falecemento . A partir do día 2 de novembro, o Teatro Colón será verá pasar polas súas táboas a tres das grandes figuras do jazz internacional, coa inmellorable inauguración por parte de Francesco Cafiso. A seguinte cita será o 9 de novembro, coa participación do pianista alemán Alexander von Schlippenbach, que interpretará unha compilación completa do homenaxeado. Por úlimo, será o tenor David Murray quen ofreza o seu concerto o día 30 do mesmo mes.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: