O Concello de Pontevedra outorga o galardón ao dominio para fomentar a lingua e a cultura galega en internet.
O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concederon o premio Xoán Manuel Pintos 2007 á asociación PuntoGal, no ámbito galego, polo labor que desenvolve desde xuño de 2006, para conseguir que a lingua e a cultura galega teñan un dominio propio en internet. Segundo o xurado, este dominio servirá para destacar a nivel global a existencia da nosa lingua e da nosa cultura e axudará «a situar a Galiza na Rede como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais».
Puntogal conta co apoio de diversos organismos e asociacións galegas do ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.
O premio Xoán Manuel Pintos, no ámbito local, foi para o debuxante Kiko da Silva, "polo seu compromiso constante co galego".