Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En quince anos, catro asentos menos

Medra o electorado e mingua a representación no Congreso

O BNG pide que o Parlamento faga presión para evitar a perda dun novo escano, desta volta na provincia da Coruña.

Redacción - 09:00 29/10/2007

De cumprírense as previsións, A Coruña será a próxima provincia en perder un representante no Congreso cara ás próximas eleccións xerais. En 2004 fora Pontevedra a que sufrira o recorte dun escano. Lugo perdera outro en 1996, e en 1993 tocáralle a Ourense.

"A perda de representación prodúcese malia medrar o censo", sinalou esta fin de semana Iago Tabarés. O deputado ourensán do BNG criticou a "inxustificada pasividade dos sucesivos gobernos centrais para facerlle fronte a esta situación". Ao respecto, pediu o "cumprimento" de diversos acordos adoptados para evitar que Galiza poida perder representantes.

Con todo, Tabarés laiouse de que o número de representantes "non garante per se o peso político de Galiza no Estado". "Depende de se se ten verdadeira vontade política por defender os intereses do país", afirmou referíndose aos representantes respectivos de PPdeG e PSdeG. "Pero a perda de representación dificulta que medre ese peso", denunciou. Atendendo ás cifras de 2004, o PSOE podería ser a formación que se deixaría o escano que perdería a circunscrición da Coruña.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: