O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, afirmouno así logo da visita do presidente da mesma, o socialista José Manuel Gómez Besteiro, a Barcelona.
A Deputación barcelonesa, segundo o presidente da luguesa, é "un referente no panorama das administracións provinciais de España".O vicepresidente Antón Bao una considera que o modelo catalán sería extrapolábel ao noso, no camiño dunha "nova estrutura territorial galega en que as comarcas sexan o eixo vertebrador".
A liña catalá diríxese á conversión das catro deputacións en sete veguerías, un concepto moi achegado ao noso das comarcas, segundo Bao. O nacionalista afirmou tamén que os obxectivos deben encamiñarse a concederlles o máximo protagonismo aos concellos, e que as deputacións se ateñan ao ámbito competencial mínimo, sen exerceren “competencias xa atribuídas ao goberno galego”. A este respecto, salientou tamén a necesidade dunha lei que coordine o goberno das deputacións co do goberno autonómico.