Un proxecto que retoma a idea da Enciclopedia Anarquista conta xa cuns mil artigos en 23 linguas.
A estrela negra, emblema da Anarchopedia
Á sombra da Wikipedia están a xurdir outras iniciativas coa mesma filosofía pero especializadas en diversos temas. É o caso da Anarchopedia, unha recompilación multilingüe e aberta que pretende recoller todo o coñecemento relacionado co anarquismo.
O proxecto inspírase na idea da Enciclopedia Anarquista, concibida por Sébastien Faure en 1924 e que agora se converte en realidade grazas ás novas tecnoloxías e ao modelo de creación colectiva e de debate da wiki.
A versión francófona achégase aos 1.000 artigos, pero hai ademais 23 versións noutras tantas linguas, entre elas o portugués.