Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mapas étnicos de Europa

Somos celtas... na cor do cabelo

Segundo os gráficos estatísticos dunha web sobre o continente, Galiza ten marcadas diferenzas co resto da Península.

Redacción - 09:30 27/10/2007

Unha web dedicada a Europa, a Eupedia, ofrécenos uns mapas do continente que se saen bastante do habitual, e que amosan a súa riqueza e diversidade cultural, idiomática, legal e mesmo xenética. Un dos máis curiosos para nós é o que marca a porcentaxe de persoas con cabelos louros, e que amosa unha Galiza, xunto a Asturias, o Bierzo e o noroeste de Portugal, con herdanza celta que contrasta co resto da Península Ibérica e, en xeral, con toda a Europa mediterránea.

De feito, a porcentaxe de xente loura galega está dentro dos parámetros da Bretaña, Irlanda, Gales, Cornualles e o norte de Escocia, aínda que se poida tratar dunha simple casualidade. No mapa onde se representa a porcentaxe de individuos con ollos de cor clara xa estamos a un nivel máis ibérico, aínda que, igualmente, semellante ao do sur de Gran Bretaña. Pero a gráfica de grupos étnicos sitúanos baixo a etiqueta de “celto-suevos”.


4,73/5 (37 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mapa de Europa segundo a cor do cabelo
Mapa de Europa segundo a cor do cabelo