O blogueiro Ultra Marinho mestura vídeos musicais galegos e internacionais cun resultado sorprendente.
Ultra Marinho, xa coñecido na rede galega polos seus machucos, mesturas imposíbeis entre dúas cancións aparentemente incompatíbeis entre si, dá agora un paso máis e ofrécenos os videomachucos. Desta volta, o inmortal Andrés Do Barro acaba soando ao ritmo de Iggy Pop ou de The Doors, e Os Tamara con The Bangles, indo a Santiago coma un exipcio.