Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANDIDATOS AO CONGRESO

A executiva do BNG propón a Jorquera, Davila, Tabarés e Paz Abraira para encabezar as listas nas Xerais

As asembleas comarcais e o Consello Nacional teñen que referendar a proposta do máximo órgano do Bloque antes do 9 de novembro.


Redacción - 21:15 22/10/2007

Francisco Jorquera (A Coruña); Olaia Fernández Davila (Pontevedra); Iago Tabarés (Ourense); e Paz Abraira (Lugo) son os catro ases propostos pola Executiva Nacional do BNG para encabezar as candidaturas ao Congreso dos Deputados. Agora serán as asembleas comarcais e o Consello Nacional os que deben de referendar a proposta do máximo órgano do Bloque. O proceso rematará o vindeiro día 9 de novembro.

O propio coordinador executivo, Francisco Jorquera, foi o encargado de facer públicas as propostas. Jorquera subliñou que a organización frontista encara os comicios co reto de "dar un salto cualitativo e pasar a ser unha forza coa que hai que contar sempre para a gobernabilidade do Estado". Dende o BNG tamén fan fincapé na paridade de xénero nas cabezas de lista.

Fontes da organización nacionalista consultadas por Vieiros sinalan que o obxectivo primordial é consolidar a actual representación nas circunscricións da Coruña e de Pontevedra. O terceiro deputado pasaría por un notábel e complicado aumento de votos en Ourense mentres que se ve case imposíbel lograr unha acta en Lugo.

Poden consultar o currículo dos candidatos (.pdf) na páxina do BNG.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: