Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REDES SOCIAIS, FONTES DE NEGOCIO

Os límites de Facebook

Tal parece ser o sentimento dominante na xente que se interesa por Facebook que non buscan máis medios para investir o seu tempo e as súas fortunas

Redacción - 17:23 22/10/2007

Un artigo publicado en The Economist amosa ben algúns límites dun fenómeno polo cal millóns de persoas se apaixonan sen que ninguén saiba realmente cara a onde os implica iso. As negociacións en curso con Google, Yahoo e Microsoft que se baten por un anaco do becerro de ouro indican unha clase de delirio financeiro que se traduciría nunha avaliación da caixa en "moitos miles de millóns de dólares".

O artigo non explica - se cadra é evidente para os seus lectores - que é ata lóxico para os de Silicon Valley que o maior medo é faltar a unha oportunidade de gañar montañas de dólares mentres o estourido dunha burbulla se percibe como un mecanismo de saneamento. O artigo limita a innovación real de Facebook ao feito de deixar a outras sociedades crear aplicacións sobre Facebook e de gardar as rendas, o que conduciu á creación de 5.000 widgets ata agora.

No texto analízase o "gráfico social" (unha carta de vínculos e relacións entre a xente) sobre o cal Facebook constrúe a súa estratexia. Mentres que as redes se benefician e aumenta o seu valor moito máis rapidamente que o número de participantes, as redes sociais obstrúense cando son demasiado grandes.

Non temos moito que facer a milleiros de xente que nalgúns meses lles chamaremos "amigos" pero dos que ignoramos todo. Para Paul Saffo do Institute For The Future, "o valor dunha rede social senón non é definido polos que están dentro senón polos que se exclúen".

O impacto económico desta limitación é que a publicidade sobre Facebook é tan aburrido coma nun xornal que todo o mundo le ou no televisor que todo o mundo ve. Perde a dimensión útil que ten cando un usuario busca información sobre un coche, un champú ou un restaurante.

Tendo comprendido este problema, Ning quere ser unha rede de redes e deixa á xente crear universos ad hoc. Iso deixa todo o espacio para a diversidade. Quedaranos por atopar un xeito de administrar as distintas redes ás cales pertencemos o que pasará seguramente por un control da nosa identidade dixital e a adopción de normas que permiten establecer comunicacións entre todas estas redes.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: