Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comparecencias

O estudo económico do Gaiás fíxose con información "limitada"

O responsábel da consultora que analizou o proxecto afirma diante da Comisión sobre a Cidade da Cultura que se fixo nun momento de "indefinición".

Redacción - 16:04 22/10/2007

A consultora Arthur Andersen (agora Deloitte&Touche) afrontou o estudo sobre o desenvolvemento económico e financeiro do proxecto da Cidade da Cultura nun momento de "indefinición", xa que só existía un proxecto básico, e con "limitación" ao acceso de información.

Así o recoñeceu este luns Jesús Valero, responsábel de Deloitte, na comparecencia perante a Comisión de Investigación parlamentaria sobre a xestión da Cidade da Cultura.

Advertiu, ademais, de que o propio Peter Eisenman, arquitecto do complexo, definiu o proxecto no seu día "como a interpretación dun conxunto de jazz", e argumentou que, polo tanto, se pode dicir que Arthur Andersen se encargou de "facilitar o pentagrama a un tema escollido".

A empresa, sinalou Valero, interveu nunha fase en que "a planificación non estaba finalizada e os relatorios estaban nunha fase preliminar", polo que constatou o "carácter incerto das expectativas de futuro" do proxecto.

Xustificou as "limitacións no traballo" realizado a que "se deberon ao momento en que se contratou" a consultoría -finais do ano 2000-, baixo a información dun proxecto básico do complexo e cun grao de desenvolvemento dos relatorios asesores "limitados".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: