Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións municipais

Cuba inicia o proceso electoral que definirá se Fidel Castro é reelixido

Os cubanos votarán o domingo para elixir os 15.236 concelleiros que conformarán as 169 asembleas municipais do Poder Popular.

Axencias - 12:00 21/10/2007
Imaxe: Juventud Rebelde

Imaxe: Juventud Rebelde

Máis de 8,3 millóns de cubanos maiores de 16 anos están convocados a escoller nas urnas a 15.236 concelleiros que conformarán 169 asembleas municipais. Estes a súa vez elixiran aos máis de 600 parlamentario da Asemblea Nacional do Poder Popular.

O sistema graduado, vixente desde 1976, concluirá no primeiro trimestre de 2008 coa elección dos 31 membros do Consello de Estado que decidirán se Fidel Castro é reelixido como presidente do goberno.

Xa que logo, as eleccións definirán se se mantén o statu quo, cun goberno provisional encabezado por Raúl Castro, ou se oficializa a sucesión definitiva.

Máis información: Granma e Juventud Rebelde.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: