As páxinas dixitais dos xornais deberían ofrecer unha información diferente da que sae na edición impresa
Esa é a cuestión plantexada por Scott Karp no novo blog Publish2. A súa resposta axuda a comprender mellor as dificultades que atopan os diarios tradicionais cuando pasan a información á red.
Karp di que Cando mercamos un diario mercamos a información que nos dá sobre a actualidade, as novidades ou news, e tamén do contido de distintas naturezas (lecer, pequenos anuncios, palabras cruzadas etc). Todo isto baséase nun sistema de distribución asumido polo diario en cuestión".
Máis que unha convulsión da economía do contido, é a economía da distribución a que se ve transformada con internet. Pagamos para conectarnos a Internet e "negámonos a pagar una segunda vez para o contido".
O que é preciso reinventar é a economía da creación de contido... a menos que os sitios dos diarios na rede non se consideren tamén como mecanismos de distribución; é decir, que ofrezan o acceso a un contido moi rico e moi diverso da edición impresa. Agora ben, hoxe en día, limítanse a ofrecer o mesmo conxunto de información que en papel, "inda que algúns buscadores e proveedores de acceso á información nos abran as portas dun universo moito maior", resume Karp, que pensa, coma outros expertos, como Jeff Jarvis que "a nova economía das noticias non se baseará en monopolios de distribución, senón que se baseará na rede".