Segundo publicaba esta semana o xornal británico The Guardian, o bosque de Sherwood, famoso polas aventuras do xusticeiro Robin dos Bosques, está a quedar sen árbores.
O bosque de Sherwood perde os seus centenarios carballos a un ritmo de cinco por ano, cando aínda hai pouco perdía un cada ano. Segundo publicaba esta semana o xornal británico The Guardian, -referenciado polo portugués Público-, as autoridades xa teñen posto en marcha un plano de emerxencia para plantar 250 mil novas árbores este ano.
Segundo as estimacións deste xornal, en 50 anos, a maior zona de carballos antigos de Europa, no condado de East Midlands, - moitos deles milenarios ou máis vellos aínda- deixará de existir.
Robin dos Bosques queda sen apelido
Dende a época Victoriana, as lendas dos foraxidos, tipo Robin Hood, chegaron a converter o bosque de Sherwood nunha zona turística. Mais alén de Robin dos Bosques, Sherwood é un bosque de importancia científica internacional que acolle moitas especies distintas, entre elas unhas abellas únicas no mundo.
O bosque conservouse durante anos, a pesares da interacción do home co medio, mais agora nos últimos tempos as relacións mudaron e o bosque é o que sofre as consecuencias.