As organización non gubernamentais recordan que o Goberno comprometeu un 0,4% do orzamento e só está a destinar un 0,1.
A Coordenadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento fai un chamamento aos cidadáns para que presionen á Xunta para que cumpra cos seus compromisos en materia de cooperación internacional. Para iso, convocou concentracións o vindeiro domingo día 21 nas cidades de Vigo, Santiago e Lugo.
O presidente da coordenadora, Xosé María Torres, destacou este luns que Galiza segue sendo a comunidade do Estado que menos inviste en cooperación internacional. Torres lembrou que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, prometeu no seu día destinar o 0,4% dos orzamentos galegos á axuda internacional. Segundo explicou, o executivo destinou en 2007 algo máis de 9 millóns de euros, o que supón o 0,1% do orzamento. Pola contra sinala que o Estado destina o 0,42% e ten previsto chegar ao 0,5%.