Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Circuíto cultural

'Cultura en familia', outro xeito de achegarse ao rural

Organizado pola Consellaría de Cultura, levará 56 actuacións por 15 concellos de pequeno tamaño.

Redacción - 14:11 15/10/2007

Este luns comeza na Pontenova un programa cultural dedicado a todos os públicos. A Consellaría de Cultura organiza Cultura en familia, composto por 56 actuacións en 15 concellos de pequeno tamaño durante dous meses. A programación contén espectáculos musicais, de maxia, contacontos, humor teatro, monicreques e novo circo para pequenos e grandes. O seu obxectivo é motivar a asistencia de toda a familia.

Cultura e Familia forma parte dos circuítos organizados pola consellaría para dinamizar a vida cultural dos concellos do país. Segundo o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, a pretensión é “a formación de público novo” e “crear hábitos culturais entre os máis pequenos”.

Os concellos polos que se desenvolverá o programa son Pontecaldelas, Rianxo, Outes, Carral, Verín, Vilariño de Conso, A Mezquita, Allariz, Amoeiro, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, A Pontenova, Barreiros e Castro de Rei.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: