Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XVII Congreso do Partido Comunista chinés

China deseña o guieiro até 2012

Os obxectivos serán garantir que o crecemento económico non amplíe as fendas socioeconómicas e definir quen sucederá a Hu Jintao na presidencia dentro de cinco anos.

Redacción - 09:00 15/10/2007

A chamada a reforzar o particular "socialismo con características chinesas", en palabras do presidente Hu Jintao, abriu o XVII Congreso do Partido Comunista da China, evento que se celebra cada cinco anos. O presidente chinés, Hu Jintao, inaugurou a cita cun extenso discurso onde deixou pegadas do plan de actuación até 2012, momento no que deixará o cargo a un novo mandatario. Desta propia cita, debera saír o nome dun secretario xeral que lle substitúa naquela altura.

"Os últimos trinta anos viron a viraxe dunha economía planificada a unha economía socialista de mercado e a mellora da vida do pobo", recolle esta semana a publicación oficial do partido, o Diario do Pobo, "nestes últimos cinco anos avanzouse abondo na reforma, apertura e construción dunha sociedade moderadamente acomodada", subliña. A publicación indica que a meta inmediata é a "adaptación do marxismo á situación chinesa para promover un desenvolvemento socioeconómico sustentábel para o pobo, polo pobo e co pobo".

Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise Internacional e experto en China, expresa nun artigo recente que Hu Jintao foi clave nos últimos anos na conformación dun "novo clima no proceso chinés que deixaba atrás a etapa máis liberal, sentando as bases dun novo modelo de desenvolvemento e dun axuste colectivo e ambiental que resultan imprescindibles para asegurar a sostibilidade e a estabilidade do cambio".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: