A Mesa pola Normalización publicará na rede a orixe e o significado de 1.900 nomes galegos e unha base de datos sobre sociolingüística.
Callón asinou o acrodo con F. Blanco
A Mesa pola Normalización Lingüística vai publicar en internet unha base de datos de 1.900 nomes propios e de persoa en galego. No caso dos apelidos, a ferramenta permitirá coñecer a súa orixe.
De ser a forma actual do apelido unha deturpación, a aplicación especificará a súa forma correcta no galego actual. Tamén aconsellará sobre como tramitar a restauración do apelido ao galego actual.
Os primeiros 200 apelidos este ano
A Xunta, que financia o proxecto, informa que "antes de finalizar o presente ano 2007, introduciranse nesta aplicación un mínimo de 200 apelidos, aumentando a cantidade progresivamente".
Así figura nun convenio que asinaron hoxe o presidente da Mesa, Carlos Callón, e o conselleiro de Industria, Fernando Blanco. A Xunta aportará 56.050 euros a esta e outras actuacións da Mesa no eido das novas tecnoloxías.
Material audiovisual
A creación dunha base de datos en liña sobre lexislación lingüística publicación na web de "un importante caudal de vídeos, audios e textos sobre sociolingüística, historia da lingua e dinamización lingüística" son outras das actividades da Mesa que subvencionará Industria.