O monumento pasou a peneira do Ministerio de Cultura para representar o Estado Español perante a Unesco.
Torre de Hércules
A Torre de Hércules será candidata a Patrimonio Cultural da Humanidade. O Consello de Patrimonio Histórico Español seleccionou a proposta da Consellaría de Cultura de que o faro coruñés opte a recibir a distinción da Unesco. Non tivo a mesma sorte a candidatura do Ferrol da Ilustración, que terá que agardar a unha próxima oportunidade.
As outras representantes que levará perante a Unesco o Ministerio de Cultura serán as minas de Almadén (Ciudad Real), enmarcadas na Ruta intercultural do mercurio. Na preparación desta candidatura participou a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.
A Unesco decidirá en 2009 cales das propostas merecerán o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade.