Pódense descargar de balde as actas do IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos.
A Consellaría de Cultura e Deporte pon á disposición do público as actas do IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos, que tivo lugar en Compostela en novembro do 2006. Daquela, arredor de 350 profesionais e técnicos debateron sobre arqueoloxía e museos.
O arquivo, de 406 páxinas en formato PDF, contén unha escolma de experiencias internacionais en conservación e promoción social dos xacementos. A edición estivo organizada pola Dirección Xeral de Patrimonio co apoio do Instituto de Estudos Galegos, o CSIC, o Museo d'Història de la Ciutat de Barcelona e o Concello de Alcalá de Henares.