Podería ser a terceira xeración da web (2010-2020)
Nova Spivack define web 3.0 como a terceira década da web
Jason Calacanis, bloguer e empresario definiuna como "a creación de contido de alta calidade e de servizos producidos por individuos preparados que utilizan a tecnoloxía de web 2.0 como unha plataforma". E dá como exemplo: "Unha versión de Digg na cal os expertos verificaban a validez das afirmacións e rectificaban os títulos para que fosen máis precisos, a versión web 3.0".
Tim O' Reilly, padriño, protector e propietario de "web 2.0", di non estar dacordo. "O contido revisado por outros é o que pasa desde que se publica...Nada de novo".
Non está dacordo tampouco, cos que din que "web 3.0 é a web semántica". Non ve a necesidade de actualizar a "web 2.0". Por suposto "é dono" da denominación e ninguén pode utilizala sen a súa autorización. Pero dá outros argumentos. "É a rotura do paradigma teclado / pantalla e o mundo no cal a intelixencia colectiva emerxe non de xente escribindo cun teclado senón da posta en execución das nosas actividades por instrumentos".
Nova Spivack, o dono de Radar Network e un dos coautores da definición de "web 3.0" sobre Wikipedia interveu á súa vez cunha definición sorprendente: web 3.0 "é a terceira década de web (2010-2020)". O que ilustra cun gráfico (na imaxe).
E matiza: "Web 3.0 non é sinónimo de web semántico, haberá varios e outros movementos tecnolóxicos importantes no curso deste período, que destacará amplamente pola semántica en xeral. Web 3.0 simboliza unha época no curso da cal melloraremos (upgrade) as capas profundas (back-end) da web logo dunha década de concentración sobre a dianteira visible (front-end). 'Web 2.0' virou esencialmente ao redor de AJAX, ao redor do tagging e ao redor doutras innovacións que se baseaban na experiencia dos usuarios na front-end da web".