Segundo últimas noticias chegadas do seo do equipo celeste, o adestrador búlgaro podería ser substituído por Ramón López Caro.
No partido do sábado, contra o Xerez (gañaron 3-1)
O RC Celta de Vigo acaba de destituír a Stoitchkov do seu cargo de adestrador do primeiro equipo, segundo o boletín de media mañá da Radio Galega.
Despois dunha moi pouca fortuna na segunda división do fútbol estatal, o Celta viña de gañarlle esta fin de semana Xerez Club Deportivo, nun partido no que o equipo vigués traballou con forza, tentando atopar furados na defensa do equipo rival.
Aínda está por confirmar, pero xa soa o nome de López Caro como posíbel substituto do búlgaro.