Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Día da Hispanidade"

O BNG ausentarase dos actos oficiais do 12 de outubro en Madrid

Ao igual que ERC, PNV, EA e NaBai, xa que entenden que non é a súa festa nacional.

Redacción - 10:40 08/10/2007

Os deputados do BNG no Congreso dos Deputados, así como os de ERC, PNV, EA e NaBai confirmaron que non participarán nos actos oficiais previstos para o vindeiro 12 de outubro, con gallo da "festa nacional española".

A ausencia de BNG, ERC, PNV, EA e Na-Bai nestes actos é habitual e repítese ano tras ano, xa que entenden que non é a súa festa nacional. Nesta ocasión vén precedida das polémicas suscitadas por cuestións como a queima de fotografías dos reis españois, a consulta popular en Euskadi presentada polo lehendakari Juan José Ibarretxe, ou as acusacións polo incumprimento da Lei de símbolos.

Ademais, é posíbel que tampouco estean en Madrid o 12 de outubro os representantes de IU-ICV e da CHA. Os primeiros non asistirán ao desfile das Forzas Armadas e non sabe se o seu coordinador xeral, Gaspar Llamazares, acudirá á recepción que o monarca, Juan Carlos de Borbón, ofrece no Palacio Real, por problemas de axenda.

O deputado da CHA, José Antonio Labordeta, non estará en Madrid nesa data, debido a que ese mesmo 12 de outubro se celebra a festividade da Virxe do Pilar, patroa de Zaragoza.


4/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: