Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A loita dos naipes

O Rei da Baralla perde as súas mellores cartas

O Tribunal da UE confirmoulle onte a Heraclio Fournier que non se vai poder apropiar, en exclusiva, das figuras do rei e o as de espadas e do cabalo de bastos ao seren "símbolos a disposición de todos".

Redacción - 11:21 05/10/2007
Heraclio Fournier, descendente de emigrantes franceses, fundou en 1868 un pequeno obradoiro de naipes en Vitoria

Heraclio Fournier, descendente de emigrantes franceses, fundou en 1868 un pequeno obradoiro de naipes en Vitoria

A cousa vén xa de 1996, cando a empresa Heraclio Fournier, de Álava, solicitou na Oficina de Harmonización do Mercado Interior (OAMI) patentar as tres cartas para convertelas na marca da casa. O organismo accedeu a esta primeira petición en 1999, mais en 2002 rectificou, porque a empresa francesa France Cartes non quixo permitir a creación da patente.

Fournier meteuse daquela nunca batalla legal e foise repetindo a mesma decisión de tribunal en tribunal. Ao final chegou ao Tribunal de Xustiza da UE, que agora ratificou a sentenza de todos os demais: Heraclio Fournier fica sen o cabalo de bastos, e o rei e máis o as e espadas porque, segundo a sentenza, "para o destinatario os deseños referidos ao cabalo e ao rei designan de xeito directo a dous naipes. E polo que se refire á marca figurativa que representa unha espada, o público percibe que este signo fai alusión a un dos paus da baralla", de calquera baralla, non só da de Fournier.

A chamada "baralla española"
A baralla española é a única no mundo que non ten unha reina. As súas figuras son de inspiración medieval e os seus paus representan os estamentos máis importantes da época, comerciantes (ouros), clero (copas), nobreza (espadas) e servos (bastos).

Hai varios deseño: está o patrón de Cádiz, o maís moderno de todos; os patróns de Castela, que conservan as imaxes de persoas nas moedas dos ouros; e os patróns cataláns, que son os máis exóticos, reemprazando a face nos ouros por soles.

Tamén hai deseños italianos e mexicanos. Nos mexicanos, de Don Clemente, as sotas son mulleres, mentres que nos cataláns adoitaban ser homes.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fournier non vai poder quedar co cabalo de bastos e co rei e as de espadas como símbolos propios
Fournier non vai poder quedar co cabalo de bastos e co rei e as de espadas como símbolos propios
Unha imaxe da fábrica, a finais dos anos 40, cando xa era líder do sector no estado
Unha imaxe da fábrica, a finais dos anos 40, cando xa era líder do sector no estado
Unha imaxe actual da empresa Heraclio Fournier, con sede en Álava
Unha imaxe actual da empresa Heraclio Fournier, con sede en Álava