Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O presidente lembra o alto prezo internacional do petróleo

Ecuador garante que os ingresos extraordinarios das petroleiras sexan para o Estado

Até o de agora esas cantidades repartíanse ao 50% entre as empresas e o goberno.

Redacción - 09:00 05/10/2007

O presidente ecuatoriano, Rafael Correa, marcou un importante punto de inflexión na política petroleira do seu país. Segundo parece, o decreto agora coñecido fora xa deseñado e oficializado ás portas das recentes eleccións lexislativas.

A través deste decreto, Correa estabelece que a ducia de empresas petroleiras que operan no país, o quinto produtor a nivel de Suramérica, deberán entregarlle aos petos fiscais até o 99% dos ingresos extraordinarios. Considéranse "extraordinaria" a cantidade que está entre o prezo actual do petróleo e o valor que no seu momento se usou como referencia para os contratos de participación. O feito de que eses contratos foran asinados hai varios anos e a circunstancia dos prezos actuais do combustíbel, que subiron significativamente, é o argumento principal do presidente en favor desta decisión.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: