Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Comeza este xoves en Sada e Arteixo

Cinemas dixitais achegará 13 producións galegas ás vilas

A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o coordinador da Axencia Audiovisual Galega, Manuel González, presentaron no CGAC este novo circuíto de exhibición.

Redacción - 16:54 04/10/2007

A Atlántida, A Biblioteca da Iguana, Autopsia, Condenado a vivir, Entre bateas, Jalisco, Máis ca irmáns, Mentíndolle a vida, O tesouro, O partido, Pataghorobi, Sara e Secuestrados en Xeorxia son os telefilmes que percorrerán os teatros, auditorios, casas da cultura ou salóns de actos de máis de 60 concellos, en formato DVD, entre outubro e decembro.

A Axencia Audiovisual Galega e a consellaría de Cultura queren, deste xeito, achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país. Ademais, a AAG xa prepara o seguinte programa, unha compilación de documentais temáticos que versarán sobre a memoria histórica, o urbanismo ou as mulleres.

Para este e vindeiros programas, a AAG dirixirase tamén a asociacións, federacións e outras entidades culturais para que poidan participar nesta rede. Cultura recomenda dispor dun espazo amplo e aparatos de reproducción audiovisual (DVD, altofalantes, canón de proxección ou pantalla) para poder participar no proxecto.

Os dereitos de autor e a programación eran unha das primeiras trabas para poderen estas pequenas vilas programar cinema. Ao estaren os dereitos xestionados, por parte de Cultura, coa TVG e coas produtoras correspondentes, o acceso é moito máis doado. Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a AAG, en colaboración co IGAEM, inicia así a primeira experiencia deste tipo na Península.


Documentos

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: