 
 
Restabelecemento de tráfico ferroviario e marítimo entre os dous países e plan de desnuclearización estarían entre os primeiros resultados das conversas desta semana.
Afrouxar a tensión militar que desde a década dos 50 se mantén entre Corea do Norte e Corea do Sur será posíbel a curto prazo logo da xuntanza esta semana entre os líderes dos dous países. O primeiro ministro de Corea do Norte, Kim Iong Il, e o presidente de Corea do Sur, Roh Moo Hiun, asinaron un pacto que define o inicio dun importante proxecto de cooperación. 
  
  O estabelecemento dun servizo ferroviario a través da fronteira, a creación dunha zona conxunta de pesca nunha área que até o de agora disputaban os dous países, o simbólico xesto de permitir que as familias separadas pola división de Corea poidan realizar visitas aos seus parentes de xeito habitual,  e mesmo a posibilidade de acudiren con equipos conxuntos a eventos deportivos internacionais.   
  
  O anuncio foi acompañado por outra importante declaración desde o grupo de seis países que manteñen as conversas multilaterais sobre o programa nuclear norcoreano. Así, informouse esta cuarta feira de que o reactor nuclear de Iongbion estará pechado o 31 de decembro deste ano.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto