Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OBXECTIVO: DIFICULTAR O PLAXIO

Lanzan o primeiro rexistro global e libre de propiedade intelectual en Internet

O novo servizo ofrece aos usuarios de todo o mundo a posibilidade de autoxestionar os seus dereitos sobre os textos, MP3, fotos ou vídeos que publiquen

Redacción - 17:56 03/10/2007

Os titulares da compañía Safety Creative presentaron Savecreative, o primeiro rexistro global e libre de propiedade intelectual en Internet.

Coa explosión de Internet o copy paste púxose á orde do día. Co obxectivo de porlle un freo, lanzouse o primeiro rexistro de carácter internacional e libre da propiedade intelectual na Rede. Os titulares de Safe Creative e impulsores do proxecto aseguraron que a páxina permitirá "rexistrar e depositar obras en calquera formato e xeito gratuíto".

Cal é o beneficio?
Calquera usuario poderá rexistrar o seu dereito sobre calquera tipo de obra que cree e publicado, xa sexa textos, MP3, fotos dixitais, vídeos, ou calquera outro tipo de formato.

Segundo os seus creadores, o novo servizo "dificulta o plaxio das obras e facilita a difusión e coñecemento dos artistas". Ademais, ao ser "global, libre, aberto, independente e gratuíto", achega "seguridade" no novo escenario de difusión da cultura, e facilita a autogestión de dereitos mediante a modalidade copyright" ou copyleft que se prefira, indicaron.

O slogan do proxecto é, nin máis nin menos que "protexe a túa creatividade". A plataforma tecnolóxica e a infraestrutura do proxecto foi proporcionada por NTT Europe Online.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: