Animan aos internautas a advertir ao fabricante que non mercarán os seus mp3s se non incorpora a lingua do país
O grupo de activistas a prol do galego en internet, a Ciberirmandade, acaba botar a andar unha campaña para que Blusens, a firma santiaguesa líder en reprodutores de mp3, empregue o idioma do país.
“Creada en 2002 en Galiza, asegura investir o 10% da sua facturación en I+D+I, presumen de ser diferentes, innovadores, excelentes, cun marketing agresivo e un servizo post-venta personalizado” argumenta a Ciberimandade. O colectivo anima a mandar correos á empresa para que “as súas páxinas web se fagan na nosa lingua”. Neste intre só están dispoñíbeis en inglés e castelán.
Posíbel boicot?
É máis, a Ciberirmandade pide aos internautas que advirtan por correo á empresa que non comprarán os seus produtos se non apostan polo galego. "Infórmolle de que esta cuestión terá moita importancia para min á hora de elixir ou cambiar de empresa nos tramos de servizos que prestan" sinala o correo de protesta.