A Generalitat crea unha páxina na que informan dos móbiles que están en catalán e na que se poden baixar tonos e xogos do país. Pódese, por exemplo, facer un casteller.
A páxina El Teu Mòbil (http://www.elteumobil.cat/) foi creada polo goberno catalán para que os mozos e mozas poidan saber que clases e marcas de teléfonos móbiles teñen a opción de programarse en catalán. Podes escoller marca e eles dinche os modelos que "falan catalán". Tamén hai un apartado específico no que informan das últimas novidades en móbiles que tamén teñen a opción da lingua catalá.
Tamén se poden baixar tons, fondos de pantalla, logos e xogos. Podes xogar a facer un casteller ou baixar un boneco de San Jordi.
En Cataluña xa existía esta iniciativa, antes de desenvolvela a administración. Na páxina SMS Català pódense baixar tamén fondos de pantalla, logos, melodías polifónicas, imaxes... propias de Cataluña, das súas tradicións sociais culturais e deportivas.