Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
triatlón

O Cidade de Lugo gaña un ano máis o Campionato Galego

Alfredo Freire Sixto e Aida Valiño Gómez, do Fluvial, que tamén gañaran esta fin de semana en Riazor, proclámanse campións galegos. O clube lucense foi o mellor equipo da liga 2007.

Redacción - 18:35 02/10/2007

O Cidade de Lugo fíxose co campionato galego de triatlón por clubes, na última proba, a de Riazor, que ademais puntuaba o duplo, após a suspensión da proba de Vigo.

A mañá da última proba do campionato galego chovía na Coruña. Tanto que os xuíces decidiron acurtar de 20 a 14 quilómetros a proba ciclista.

O Cidade de Lugo dominou un ano máis no triatlón galego. Alba foi a vencedora na categoría Junior Feminina, Maria Belén Lemat na de Veteranos e Alfredo Freire e Aida Valiño repiten nas súas categorías de Junior Masculino e Sub23 respectivamente. Adrián Vázquez Fernández resultou subcampión Sub23 masculino.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: