 
 
Esta é a segunda reunión entre os líderes dos dous estados dende a Segunda Guerra Mundial, tras a primeira que se produciu no ano 2000.
 
											Kim Jong-Il e Roh Moo-Hyun, este martes en Pyongyang
O primeiro ministro norcoreano, Kim Jong-Il, deulle a benvida ao presidente surcoreano, Roh Moo-Hyun, este martes na capital do país, Pyongyang, onde celebrarán a segunda reunión entre os líderes dos dous estados dende a II Guerra Mundial -a primeira foi no ano 2000.
Kim Jong-Il apareceu por sorpresa antes da chegada de Roh Moo-Hyun, aínda que nun principio non estaba prevista a súa saída darlle a benvida ao líder surcoreano. A cerimonia foi organizada no último momento.
  Un apertón de mans entre os dous líderes deu inicio a unha cerimonia solemne de benvida, mentres miles de persoas aplaudían e gritaban e axitaban flores de papel de cor vermella e rosa.
Ambos os dous mandatarios descenderon as escaleiras por unha alfombra vermella e o primeiro ministro de Corea do Norte presentou ao seu homólogo do sur ante os máximos dirixentes do seu país.
Nunha mensaxe escrita, o presidente surcoreano confesou a súa "emoción" pola calorosa benvida que lle brindaron os cidadáns norcoreanos.
Roh Moo-Hyun chegou a Pyongyang tras un traxecto de catro horas por estrada, que incluíu un simbólico paseo a pé a través da liña de demarcación militar no medio da Zona Desmilitarizada que separa as dúas Coreas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto