Nas próximas semanas vaise constituír a nova Asemblea ecuatoriana, coa tarefa prioritaria de redactar outra Constitución, a vixésima do país.
O desafío será a reestruturación do Estado, fin para o que a reforma constitucional é instrumento decisivo, segundo a planificación realizada polo equipo do presidente Rafael Correa. Á espera de coñecérense resultados finais, as proxeccións outórganlle á Alianza País un éxito mesmo superior ao prognosticado polas primeiras enquisas a pé de urna, de xeito que podería chegar até os 72 escanos sobre o total de 132.
"É a vitoria máis clara en América Latina, e a máis contundente no caso de Ecuador", subliñou este luns Rafael Correa. Do esmagador triunfo é exemplo o pobre resultado que terían conseguido as formacións dos seus principais rivais pola presidencia, o empresario bananeiro Álvaro Noboa e o ex presidente Lucio Gutiérrez, a quen as proxeccións lles outorgan respectivamente apenas 7 e 16 asentos no novo Congreso.
Na prensa ecuatoriana: