As xogadoras compostelás acusaron o seu alto número de baixas. As viguesas demostraron ser o mellor equipo da Liga Galega.
O Celta Vigourban vence una final ante un rival xa canso e mercado polas baixas. Aínda que as compostelás comezaron dominando o encontro cunha boa porcentaxje de triplas e varios contraataques, de seguida as viguesas comezaron a atacar con forza e nas loitas dous contra unha terminaron con moitos dos pases do Pío XII.
Antes do primeiro descanso o marcador xa estaba a 9-23. A partir daquela o Pío XII comezou a facer rotacións e tiros exteriores, mais as xogadoras estaban cansas e houbo varios erros nos lanzamentos, que as rivais aproveitaron para facer daniños contraataques.
Ao final as compostelás conseguiron poñerse a 13 puntos das viguesas, e así terminou o partido. Ceclia Liñeira, de equipo anfitrión, foi elegida mellor xogadora da xornada.
Datos do partido:
CB Pío XII: Carolina Díaz (3), Mar Xantal (7), Elisha Turek (13), Bea Rey (4) y Laura Grande (6) -cinco inicial- Cecilia Liñeira (10) e Ana Román (7).
Celta Vigourban: García (9), Davie (11), Erkic (4), Torrens (16) y Mujanovic (3) -cinco inicial- Nicholls (8), Jorge (0), Alonso (3), Valero (9) e Rodríguez (0).
Parciais: 11-12, 9-23, 10-22 e 20-6.
Árbitros: Carlos Souto e David Guillán.
Cancha: Santa Isabel, 200 afeccionados.