Como exercicio de fin de curso, os compoñentes do obradoiro de teatro da Asociación Xuvenil Mil e Pico de Carral decidiron renderlle unha homenaxe máis a Andrés Do Barro. O
s de Carral fan unha interpretación con voz pregravada de Corpiño xeitoso, con praia e coros incluídos: Na súa páxina de YouTube está tamén unha versión de Pois eu, que traslada aquel arranque do filme Na rede da miña canción, en que Andrés Do Barro percorría coa súa banda as rúas de Compostela a bordo dunha camioneta, á estrada de Carral: O mesmo fixeron tamén os ferroláns Quant polas rúas da súa cidade: Aínda que o vídeo orixinal, polo Santiago yeyé dos anos 60, é este: