Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
125 aniversario

O teatro chegou a máis de 23.000 novos espectadores

O domingo 30 conclúen as representacións das obras organizadas por Cultura co gallo dos 125 anos de teatro en galego

Redacción - 10:00 29/09/2007
Bará e Adán co alcalde e o concelleiro de Cultura de Boiro

Bará e Adán co alcalde e o concelleiro de Cultura de Boiro

Esta fin de semana rematan as representacións do 125 aniversario do teatro galego, que organizou a Consellaría de Cultura. Foron 125 funcións unha por cada ano de historia, que se repartiron por 38 concellos do país. Un dos últimos actos desenvolveuse en Boiro, nun espectáculo especialmente pensado para os cativos.

Alí estiveron o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, que asistiron á obra Glub-glub, do grupo Caramuxo. Bará fixo un balance positivo dos 90 días de programación, iniciada o 13 de agosto na Coruña e que remata o domingo 30 en Teo, A Estrada e Arteixo. Presenciaron as representacións máis de 23.000 persoas, co que se cumpriu co obxectivo de achegar o teatro á xente, especialmente a novos públicos.

Ademais da actuación do venres na galescola boirense, houbo 34 actuacións ao aire libre, catro en bibliotecas, outras tantas en centros da terceira idade e residencias para maiores, tres en lonxas e unha nun hospital, co fin de levarlles o teatro ás persoas que teñen dificultade en asistir a este tipo de manifestacións culturais.

Durante dous meses e medio puidéronse ver obras de diversos xéneros, interpretadas por 25 compañías do país. Os espectáculos estiveron dirixidos a todo tipo de públicos: adultos, rapaces e mesmo naipelos.

As actividades organizáronse co gallo do 125 aniversario da estrea d'A fonte do xuramento, a primeira representación rexistrada dunha obra teatral na nosa lingua, o 13 de agosto de 1882.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: