Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VIII Marcha Cicloturista BTT 'San Froilán'

En bici, polo monte e coma tolos

O domingo saíndo de Lugo os amantes das bicis e dos deportes de aventura pódense xuntar nesta marcha cicloturista polos montes dos arredores de Lugo.

Redacción - 10:30 30/09/2007
Cartaz da proba

Cartaz da proba

Sairase moi cedo, ás 9:00 horas da Piscina Municipal de Frigsa. Irán xuntos uns 150 ciclistas que van percorrer 50 quilómetros polos montes que arrodean Lugo. Farán unha parada en Penarrubia, namentres os seus acompañantes poderán gozar dunha visita guiada pola cidade das murallas.

Ao final, todos xuntos, irán de "polbada", como ten que ser estando tan preto as festas do San Froilán.

A proba está organizada polo Club Ciclista Correcamiños Lugo en colaboración co Concello, a Fundación Deporte Galego e a Dirección Xeral de Deporte.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: