Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentouse no Club Internacional de Prensa

Estréase un documental sobre Isaac Díaz Pardo

Este sábado poderemos velo no espazo Galicia Documental, da TVG, ás 15.45.

Redacción - 13:41 28/09/2007

Isaac é un coprodución entre EAF Producións e a TVG. En 55 minutos, aborda a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, fundador, promotor e primeiro traballador do Laboratorio de Formas, de Cerámicas do Castro, de Sargadelos, de Ediciós do Castro e do Instituto Galego da Información.

Dirixido por Xosé Abad, con guión de Carlos Vázquez, o documental recorre a elementos biográficos, pero afonda tamén no pensamento, a opinión e os sentimentos de Díaz Pardo sobre o seu tempo e o seu país. Con 87 anos e óptima saúde intelectual, Díaz Pardo ofrece a súa opinión, sempre comprometida e libertaria.

No documental interveñen persoeiros como o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Xesús Alonso Montero, catedrático da USC e militante do PC, Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, os escritores Xabier Seoane e Manuel Rivas, os músicos Benedicto García e Xurxo Souto, o editor Sabino Torres ou o historiador Ramón Villares.

O equipo técnico


Á dirección de fotografía de Antonio Vales e a montaxe de Sandra Sánchez e Pablo Golugoff, súmanse o traballo da documentalista Sandra García, o de Héctor Diéguez e Helvia Lema na produción, Óskar López no son, Diego Jiménez Pumares no deseño gráfico, e Beatriz Paz na maquillaxe.

Destaca a coidadísima banda sonora, con temas de Milladoiro, Carlos Gardel ou o mítico 'Can de palleiro' de Benedicto e Bibiano, ademais dunha achega de Dios ke te crew, 'As cousas cambian'.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: