Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O cambio climático a debate no Parlamento

As boas prácticas ambientais deben comezar no propio país

O grupo parlamentario do PSOE presentou na cuarta feira unha proposición non de lei que aprobaron todos os partidos, para establecer políticas de loita contra as alteracións climáticas na propia administración.

Redacción - 18:01 26/09/2007
Imaxes dunha manifestación contra o cambio climático / Flickr: Petezin

Imaxes dunha manifestación contra o cambio climático / Flickr: Petezin

A iniciativa contou co apoio do BNG e do PPdeG e o seu impulsor, Lage Tuñas (PSdeG) dixo que "é preciso un cambio no trasfondo mental da sociedade e é posible, só depende do factor humano", e continuou, "hai que responder con accións públicas, con concienciación e pedagoxía social, comprometéndonos a cambiar o mundo."

Neste sentido acordouse, por unanimidade, darlle pulo a iniciativas de educación ambiental, dirixidas a todos os galegos e especialmente á mocidade; comezar a incorporar boas prácticas ambientais no funcionamento da administración pública galega, sobre todo nas compras de bens e servizos; e crear un convenio de colaboración entre concellos, a través da FEGAMP, con obxectivo de desenvolver proxectos de fomento da sustentabilidade local.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: