Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PROTESTA INTERNACIONAL

Unha nova Lei recorta a liberdade de prensa en Portugal

Os xornalistas teñen que revelar a identidade das súas fontes se llo pide a xustiza. Un informador foi arrestado por este motivo.

M.V. - 13:40 26/09/2007
A. Maia, líder do Sindicato de Jornalistas

A. Maia, líder do Sindicato de Jornalistas

A Asemblea da República de Portugal acaba de aprobar un novo Estatuto do Xornalista. O texto establece que os informadores deben revelar as súas fontes se hai unha investigación xudicial en marcha.

O dereito dos xornalistas a manter en segredo a identidade de quen lle revela unha noticia é unha das bases da liberdade de prensa. Por exemplo, o artigo 20 da Constitución Española recolle especificamente esta garantía profesional fronte as presións do poder.

Detención dun xornalista

O Sindicato de Jornalistas de Portugal (SJ) alerta que “esta medida foi aprobada precisamente no día en que se fan cinco anos sobre a detención do xornalista Manso Preto, que recusou revelar unha fonte confidencial nun xuízo no que era testemuña”.

Por outra banda, o novo Estatuto, aprobado o día 20, permitirá aos editores a modificar os textos dos xornalistas sen o consentimento dos informadores.

Por iso o SJ entende que se “crean as condicións para aniquilar os puntos de vista e as análises que, nas democracias, posibilitan o enriquecemento da opinión pública”.


Solidariedade dende Galiza
Ademais de modificar as noticias, a Lei permite aos editores volver a publicalas sen permiso dos xornalistas e sen pagarlles. Ante esta situación, o o SJ xa recibiu a solidariedade da Federación Europea de Xornalistas e tamén do Sindicato de Xornalistas de Galicia.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: