Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Mívico 07

Videocreación internacional no Condado

Na vila de Ponteareas competirán durante tres días curtametraxes e documentais de todo o mundo.

Redacción - 17:35 24/09/2007

Unha escolma de máis de sesenta traballos audiovisuais poderase ver en Ponteareas na primeira edición do Mívico (Mostra Internacional de Videocreación do Condado). Durante a pasada fin de semana xa se desenvolveu unha fase previa itinerante pola comarca, en Nigrán, Mondariz Balneario e Ponteareas.

No festival poderanse ver traballos de todo o mundo: Galiza, Portugal, Cataluña, Euskadi, os Estados Unidos, Noruega e o Reino Unido, entre outros. Durante tres días, proxectaranse curtametraxes, videocreacións e documentais, como How soon is now? e Ainda há pastores?, dentro da sección Zúmballe.

As actividades audiovisuais estarán acompañadas de música, cos picadiscos Pintxo e Birra e dos grupos portugueses Smartini e Musgo. A entrega de premios será o sábado ás dez e media da noite. O festival conta cun blog onde tamén se pode consultar o programa completo.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: