Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CORREO DE ULTRA-TUMBA

YouDeparted permítelles aos mortos comunicarse por e-mail cos vivos

.Os usuarios poden deixar na web o seu testamento para que sexa enviado despois da súa morte.

Redacción - 19:40 24/09/2007

O sitio foi creado nas Vegas e non é unha broma nin un espectáculo de casino. Mesmo The Guardian de Londres fala diso.

YouDeparted permíteche confiar as túas últimas disposicións ao espazo cibernético de onde serán transmitidas, logo da túa morte, ás persoas ás que ti lles indicas. A comunicación pode facerse por correo tradicional, pero nada prohibe rexistrar un podcast, un vídeo, ou o que ti queiras.

Podes deixar alí o teu testamento así como as disposicións que teñen que ver co teu enterro e as modalidades de acceso ás túas contas nos bancos calquera que sexa o país nas que se atopen. Colin Harris tivo a idea de crear o sitio logo da morte de seu pai cando descubriu que ninguén sabía o que desexaba que se fixese coas súas cinzas.

Para protexer os datos afirma escoller a mesma tecnoloxía de encriptación que o National Security Agency dos Estados Unidos. O modelo económico parece pouco adaptado ao proxecto xa que a fórmula proposta é a do abono anual (de 10 a 80 dólares). Os tramposos desconsolados poden contentarse con período de proba de 14 días. O servizo conta con máis de 10.000 usuarios en todo o mundo.

A lei non obriga a dar o número dos que xa están no outro mundo. Xa hai quen escribe artigos titulados "Contidos xerados polos cadáveres", e prevé un Google Death financiado por publicidade no caso de que o concepto resulte ser un éxito. No artigo suxire tamén un Second Life e a creación dun servizo chamado Third Life, para permitirlles aos avatares converterse en pantasmas que flotan neste mundo virtual.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: