Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triatlón

Iván Raña gaña, por cuarta vez, os campionatos estatais

O triatleta de Ordes superou en máis de minuto e medio a Eneko Llanos, o segundo clasificado, e chegou a case tres minutos do terceiro. Pilar Hidalgo conseguiu o bronce.

Redacción - 09:57 24/09/2007
Raña, nos Campionatos do Mundo o ano pasado

Raña, nos Campionatos do Mundo o ano pasado

Raña conseguiu o seu cuarto título de campión de España de triatlón após imporse na proba celebrada o domingo en Úbeda (Xaén).

O galego, que foi campión do mundo en 2002, xa tiña gañado o campionato nacional nas edicións de 2001, 2002 e 2004 e conseguiu a prata en 2003 e 2005. Desta vez el era o principal candidato para se facer co ouro, ante a ausencia de Gómez Noya que tomou un tempo de descanso e non se presentou á proba. Raña dominou, excepto en natación, onde foi undécimo. Enriba da bici e na carreira a pé foi moi superior.

Pilar Hidalgo conseguiu o bronce
Nunha carreira na que venceu a guipuscoana Ainhoa Murua -que conseguiu o seu primeiro título de campioa, após dous segundos postos en 2006 e 2005 e de un terceiro en 2004-, a galega Pilar Hidalgo, do Cidade de Lugo, acadou o bronce, a súa quinta medalla nas 8 eidicións do campionato estatal nas que participou.

Hidalgo é outras das especialistas do triatlón estatal, campioa en 2003 e 2004 e prata en 2000 e 2002.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: