Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUTOGOBERNO

Quintana considera inaprazábel o traspaso de competencias

O vicepresidente reunirase este luns coa ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, e transmitiralle o malestar polo retraso nas transferencias.

Redacción / Europa Press - 14:35 22/09/2007
Quintana xa advertiu que non podían aceptarse máis retrasos

Quintana xa advertiu que non podían aceptarse máis retrasos

O vicepresidente galego, Anxo Quintana, viaxará este luns a Madrid para entrevistarse coa ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, no marco dun novo encontro da Comisión Bilateral Galiza-Estado. O número dous do Goberno vai expresarlle o seu malestar á representante do executivo español pola “pouca dilixencia” no traspaso de competencias á Xunta que xa puxo enriba da mesa o pasado mes de febreiro.

Quintana xa advertira o pasado mes de agosto que se están a acender as luces vermellas na relacion co Estado e puxo como prazo “setembro ou comezos de outubro” para desbloquear a situación. O vicepresidente coida que as transferencias pechadas até o de agora son escasas e quere que antes de fin de ano se materialice algún transpaso pendente como pode ser o de salvamento marítimo, a inspección de traballo, os centros de investigación do Estado con sede no noso país; ou os arquivos históricos e museos.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: