Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Plano de Mobilidade Urbano Sostenible

Amigos da Terra achégalle ao Concello de Ourense propostas sobre Mobilidade

O 20 de Setembro Amigos da Terra presentaba de xeito oficial o grupo de traballo sobre Mobilidade ante Concelleiro de Infraestruturas e Transporte da cidade de Ourense. A primeira proposta que lle fixemos chegar para esta lexislatura foi o deseño dun Plano de Mobilidade Urbano Sostenible (PMUS) que contase cunha diagnose da situación, obxectivos a acadar, medidas a adoptar, mecanismos de financiación e programa de inversións, e a creación dun Consello Territorial de Mobilidade que estivera integrado por entidades sociais, ambientais, económicas e pola administración de xeito equitativo e con tomas de decisións vinculantes para a corporación municipal. Asímesmo fixémoslle entrega das propostas que a cidadanía achegounos ante a pregunta cales son os teus problemas para moverte por Ourense e arredores?, recollidas pola asociación os días 17, 18 e 19 de Setembro a través de buzóns que deixamos en locais e de xeito directo na rúas do Paseo e nos xardíns Praza Obispo Cesáreo.

Amigos da Terra - 19:32 20/09/2007
Tags:

Introdución
Os dous proxectos de infraestruturas que se levaron adiante nos últimos anos mellor valorados polos ourensanos son a peatonalización do casco vello e acondicionamento do roteiro termal do Miño (Chavasqueira, Muiño dá Veiga, Outariz). Estes proxectos son o eixe central da mellora na calidade de vida dos cidadáns e fixeron de Ourense unha cidade mais habitable e atractiva. Amigos da Terra considera moi positivas estas iniciativas pero existen aínda moitos baleiros para acadar o dereito á accesibilidade nunhas condicións de mobilidade axeitadas e seguras co mínimo impacto ambiental. Por
iso pedimos un P MUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostenible) para Ourense, porque é o instrumento básico para configurar as estratexias de mobilidade sostenible no municipio e porque ten carácter obligatorio para os municipios que deben prestar o servizo de trasnporte colectivo urbano de viaxeiros, como é o caso do Concello de Ourense.

Como queremos que se realice?
* A iniciativa de elaborar e aprobar o PMUS corresponderíalle ao concello, adecuando o seu contido aos criterios e orientacións establecidos nos plans directores de mobilidade no seu ámbito, ou específicos se os houbera.
* O PMUS debería conter unha diagnose da situación, obxectivos a acadar, medidas a adoptar, mecanismos de financiación e programa de inversións.
* Na elaboración do PMUS tería que estar garantida a participación do Consello Territorial da Mobilidade que neste caso, se fora necesario debería crearse. A participación dos organismos, entidades e sectores sociais vencellados á mobilidade e ao medio ambiente.
* Tería revisión cada seis anos.

Por qué este é o momento apropiado?
O desenvolvemento dun plano de mobilidade sostenible completo e global para a cidade necesita dunha boa planificación ademais de tempo para a súa posta en macha e a obtención de resultados. O equipo de goberno actual ten neste momento 3 anos e medio por diante para que o plano dea os seus froitos e poida obterse a visibilidade desexada.

A mellora das infraestruturas do transporte público urbano é unha tendencia a nivel estatal e europeo. A maioría das cidades xa están realizando melloras na rede urbana de autobuses, xeneralizando o carril de bus e o carril de bici, implantando o tranvía, etc. Se durante esta lexislatura non se segue esta tendencia, será percibido como unha demora para a cidade e un abandono aos problemas cotiás da poboación.

A preocupación cidadá pola saúde, a calidade de vida e o cambio climático estan á orde do dia. Debe aproveitarse esta predisposicion da opinion pública á aceptacion de trocos substanciais en beneficio dunha mellora a longo prazo. Tamén existe boa predisposicion por parte de asociacións e colectivos tralo proceso impulsado pola Axenda 21 en Ourense onde moitos colectivos xa se manifestaron nesta liña.

Porqué debe ser un plano “global”?
O concello debe asumir e transmitir á poboación que o transporte rodado é a principal causa de contaminación atmosférica na cidade de Ourense e polo tanto un factor de risco para a saúde das persoas. Un plano de mobilidade urbano sostenible á escala de cidade é imprescindible. De facerse de forma parcial non se obterían os resultados desexados e o plano non sería o suficientemente visible para ser apreciado como unha mellora substancial e positiva do dia a dia da poboación.

Cales son as áreas que consideramos importantes?
Dentro deste plano de mobilidade deberían integrarse:
* Un estudo de mobilidade na cidade de Ourense. Número de coches por rúa e por hora, uso segundo idades, hora do día, etc. para adaptar realmente a oferta á demanda.
* Unha campaña de sensibilización destinada a concienciar aos usuarios do transporte privado de que é un medio máis caro, contaminante e perigoso que o transporte público.
* Unha Campaña “A administración como exemplo á ciudadania”. Campaña de sensibilización do persoal que traballa nas institucións públicas (Concello, colexios...) para fomentar o uso do transporte público e compartir vehículo para traballadores que vivan na mesma zona.
*A definición de tres areas principais de traballo
-Curta distancia: Ata 5 ou 7 km. onde elixiríamos a bicicleta como o vehículo máis eficaz. Temos o exemplo de cidades europeas con peor tempo e orografía. As medidas prioritarias a tomar neste senso por orde de importancia serían: incremento do espazo na rúa para as bicicletas: Carril de bici, aparcamentos. Máis promoción do uso da bicicleta como transporte. Sistema de bicicletas público e outras políticas de mobilidade.
-Media distancia: Dentro do perímetro urbano, ata 10-15 km.
-Longa distancia: Interurbana, entre cidades

Que pode aportar o Grupo de Mobilidade de Amigos da Terra?
O grupo de mobilidade de Amigos da Terra está composto por persoas cualificadas que poderían colaborar e asesorar de forma puntual ao equipo técnico do concello. Temos ideas concretas para mellorar o transporte público nas tres áreas anteriormente definidas (curta, media e longa distacia) e tamén poderíamos axudar nas campañas de sensibilización.

Estas son as propostas para o Concello de Ourense que Amigos da Terra recolleu logo de preguntarlle á cidadanía.
1. Fomentar o uso da bici
2. Carril bici por toda a cidade
3. Autobuses e sistemas de trasportes con rampas para minusvalidos.
4. Taxi para animais guias.
5. Espazos verdes, limpeza das beiras do río Miño.
6. Máis horarios de autobuses e trens entre as cidades galegas. (Ourense-Vigo, Ourense-Pontevedra, Ourense-Lugo, Ourense-Coruña)
7. Zona vella peatonal
8. Máis liñas e horarios de transporte público.
9. Bici-taxi
10.Ciclomotores e bicis eléctricas.
11.Aumentar o transporte público en:
* Barrio da Valenzá
* Barrio do Couto (un autobus directo)
* Barrio Amoeiro
* Barrios Piñor, Polígono e complexo Monterrei.
12.Bornes no Polígono para que os traballadores empreguen as bicis para vir a Ourense.
13.Autobuses ecolóxicos.
14.Máis comunicación co extrarradio
15.Aparcamento de bicis en:
* Colexios
* Centros comerciais.
16.Acesso a persoas con discapacidade na rúa e nos autobuses.
17.Prezos asequibles para familias con fillos en idade escolar.
18.Trens de cercanias eficaces e baratos.
19.Tren de alta velocidade (comunicación con Castilla e Léon)
20.Puntualidade do transporte público
21.Peatonalización na Avda. de Pontevedra.
22.Billete válido para 1 hora na cidade. Ticket conexión. Non ter que coller un billete cada vez que colles un autobus.
23.Parada hospital máis próxima.
24.Non saturar as paradas de autobús (papeleiras,posto da once,taxis,...)
25.Parking periurbano, que a xente deixe o coche as aforas da cidade e collan un autobús para ir o traballo, ou unha bicicleta se non esta moi lonxe este parking do seu traballo.
26.Guardias urbans en bicicleta e a pé.
27.Zonas peatonais nos barrios.
28.Aparcamentos gratuitos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: